O PP apunta á "corrupción" de Sánchez por non elixir a José Ramón Lete como vogal do CSD

AS CC.AA. gobernadas polo PP denuncian "abuso de autoridade e criterio partidista" de Rodríguez Uribes.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/04/2024

As 14 Comunidades Autónomas nas que goberna o Partido Popular denunciaron o "abuso de autoridade, o atropelo e o criterio partidista" do presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), José Manuel Rodríguez Uribes, por non elixir finalmente e "saltándose o regulamento" a José Ramón Lete como vogal do organismo

Segundo indicou este venres o PP en nota de prensa, Rodríguez Uribes designou ao director xeral de Deportes do Principado de Asturias (Manuela Eleazar) novo vogal do órgano que preside a pesar de que estas CCAA "acordaran propor a José Ramón Lete", expresidente do CSD, "dada a súa acreditada experiencia no mundo do Deporte" e, "especialmente nun momento como o actual", no que considera que "se deron demasiados casos de corrupción que afectan de cheo" ao Goberno de Pedro Sánchez neste ámbito.

"Os responsables de Deportes destas Comunidades Autónomas, 14 de 17, acordaran entre todos a proposta de Lete, e así llo trasladaron ao presidente do CSD quen, incumprindo o regulamento de propostas e facendo unha interpretación torticera do regulamento, optou polo representante do Principado de Asturias, para controlar o CSD nun momento no que varios dos escándalos e as tramas de corrupción do Goberno de Sánchez están ligados ao mundo do Deporte".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

sudf

Paréceme que Feijóo está a perdendo os papeis, non se pasaría de freada?


Feijóo con José Ramón Lete na Xunta tras cesar a Marta Míguez / Xunta

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.